¡¡¡Ola!!! Este blog xurde ante a necesidade de introducir imaxes no foro. Xa meteremos cantas consideremos oportunas. Tentaremos por a Marigel que entre información da AAVV das Lamas e pornos en contacto con outras AAVV do Concello. Despois de longas negociacións conseguimos que a Marigel nos deixara tamén o blog para administralo. Actualmente estamos tres persoas divertíndonos con isto da administración e coido que non o facemos tan mal. O noso lema é "todo o mundo ten dereito a opinar sexa cal sexa a súa ideoloxía. A ofensa oféndenos". Saúdos e aqui tendes outro espacio para explicarvos e meter fotos. Si tivera máis éxito que o foro, suprimimos aquel.
As Lamas
blog de información veciñal
Sunday, October 15, 2006

Aqui tendes a Tereixa Paz que non se lle subiron os fumes por ser vicepresidenta do Parlamento e continúa compartindo cos seus veciñ@s estes momentos tan agradables.


